Archivos de la categoría Senior Masculino

O Calvo Xiria cae na casa diante dun Lanzarote máis regular

Cortouse o excelente refacho de resultados que levaba o Calvo Xiria neste 2024. Landbit Lanzarote, líder incontestable da competición visitaba Carballo. A vitoria do equipo visitante fraguouse desde unha defensa sólida, nunha primeira metade marcada polo mal inicio dun Calvo Xiria que lle custaba en exceso en ataque posicional, e iso repercutía no seu balance defensivo, adquirindo o Lanzarote unha vantaxe de 5 goles que administraba ao longo da primeira metade.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria consuma o obxectivo gañando ao Bm Tejina

A vitoria do Calvo Xiria esta fin de semana, baseouse nunha gran defensa e o bo uso do balón nas transicións e no ataque posicional; onde non quería regalar goles fáciles ao seu rival; o Bm Tejina.

Aos poucos, sen présa, mantendo a concentración sobre as tarefas para realizar neste partido para ir sempre por diante no marcador; e afianzar os dous puntos mediada a segunda metade; participando todos os xogadores convocados onde ata 11 deles lograron marcar gol.… Seguir lendo >>

Vitoria do Sénior B na difícil pista do Millaven Cp Lucense

O Sénior B desprazábanse a Lugo para enfrentarse ao Millaven Cp Lucense, unha pista sempre difícil e contra un equipo moi combativo.

MILLAVEN CP LUCENSE 24- XIRIA B 33

Os carballeses afrontaban este partido co obxetivo de seguir competindo ao nivel dos últimos partidos, coñecedores de que ían a ter que mostrarse sólidos nas tarefas defensivas e que ía a ser un partido duro en ambas partes do campo.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria máis sólido gaña en Culleredo

O derbi provincial entre o Sweepend Culleredo e o Calvo Xiria finalizou con claro triunfo carballés por 26-38. Os carballeses lograron dous puntos moi importantes, que os manteñen, novenos, afastándose da parte complicada da táboa.

O partido arrincou cun 2 a 0 de parcial favorable aos locais; pero en canto o cadro do Calvo Xiria, axustou a mira, conseguiron dar a volta ao marcador, 4-5, min 10.… Seguir lendo >>