A base de Xiria comeza a competir na Liga Galega

COMPETICIÓNS DE BASE
Os equipos do Ifecgás Pereira Xiria, xuvenil masculino, e Africliber Xiria, cadete masculino participarán na campaña 2007-2008 nas Divisións de Honra (Liga Galega) das súas respectivas categorías. Na categoría xuvenil xa estaba estipulado dende a pasada campaña que os tres primeiros clasificados da Liga Territorial Norte competisen na Liga Galega Xuvenil esta campaña.… Seguir lendo >>

PRESENTACIÓN DO «V TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN CONCELLO DE CARBALLO»

Mañá martes, 2 de setembro, ás 12.00 h, terá lugar na Casa do Concello de Carballo o acto de presentación do «V Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo» que se disputa os vindeiros 5 e 6 de setembro. Este torneo está roganizado polas Escolas de Balonmán Xiria e o Padroado Deportivo Municipal e conta co patrocinio do Concello de Carballo, Deputación da Coruña, Fundación Deporte Galego, Ifecgás Pereira, Caixanova e Conservas Calvo e coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, Policía Local de Carballo e Protección Civil de Carballo.… Seguir lendo >>

Visita á Praza dos Libros

Os rapaces e rapazas maís cativos que participan nas nosas Escolas de Verán do Balonmán visitarán entre o xoves e o venres a «Praza dos Libros» onde tomarán partes en diversas actividades literarias e de lecer dirixidas aos máis pequechos, mentres que os/as máis maiores visitarán nos vindeiros días a carpa «Galiza nos Xogos Olímpicos 2008», iniciativa que pretende achegar as olimpiadas aos nenos e nenas, onde participarán en diversas actividades relacionadas co deporte… Seguir lendo >>

SELECCIÓN GALEGA XUNIOR

O xogador xuvenil do Garaysa Xiria Iván Amarelle acadou coa Selección Galega Xúnior Masculina o título do Torneo Eixo Atlántico, que se disputou a pasada fin de semana en Lalín. O combinado galego derrotou na fase de grupos aos combinados da Coruña, Porto e Gaia para posteriormente impoñerse na semifinal a Asturias e na final ao combinado luso do Porto.… Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña