Todas las entradas de Adrián Dubra

O Garaysa Xiria faise cos dous puntos

Irregular partido, o xogado o domingo pola mañá en Carballo por parte do Garaysa Xiria.
Acomodado polos últimos resultados; saíu á pista sen o nivel de competición habitual, e sen a concentración necesaria; enlazando accións de mérito; roubando balóns e con contacto defensivo, que permitiu correr contraataques e irse no marcador rapidamente; con erros; principalmente na parcela defensiva, permitindo cómodos lanzamentos desde os 6 metros, que de non ser polo acerto na portaría de Pedro, estariamos a falar dunha diferenza menor.… Seguir lendo >>

O Marmolería José Rey Xiria non atopa o camiño á vitoria contra o Liceo

O conxunto de Carballo, xogaba no Colexio Liceo o domingo pola mañá, ante un aguerrido Liceo.
O choque empezaba frío, algarismos moi baixos, onde as defensas impúñanse constantemente ás individualidades dos dous equipos. Na primeira metade, os carballeses souberon conter ben aos xogadores liceístas, que antropométricamente eran máis fortes, pero co esforzo por parte de todos conseguían manterse no partido.… Seguir lendo >>

Cómoda vitoria para o Garaysa Xiria e derrota do Marmolería José Rey Xiria

Décimo terceira xornada de división de honra infantil, onde o domingo ás 10:00 os infantís do Garaysa Xiria recibían a visita do SAR de Redondela.  A priori eran os favoritos para levar os dous puntos en xogo e así o amosaron os carballeses saíndo desde o asubío inicial con intensidade, realizando o seu xogo habitual, roubando balóns e correndo ao contraataque, até o 43 a 13 final.… Seguir lendo >>

A Punta Del Este Xiria acaba a primeira volta terceiro

O sábado en Oseiro, enfrontábanse o Arteixo Bm e o Punta del Este Xiria na categoría infantil feminina.
Desde o inicio do partido as xogadoras carballesas impuñan un ritmo alto de xogo; empezando polas tarefas defensivas e a portaría, que lles permitiría correr ao contraataque, e finalizar con goles as accións rápidas; onde a velocidade de balón foi o protagonista.… Seguir lendo >>

O Marmolería José Rey Xiria demostra a súa progresión a pesar da derrota

O partido disputado, o sábado, a domicilio contra o Arteixo Balonman; demostra ás claras que os carballeses son un equipo distinto ao que se enfrontou hai dúas semanas ao Culleredo. A actitude, as gañas, e a entrega coa que os xogadores carballeses saen a disputar os partidos é diferente, e unido á progresión adquirida nos adestramentos, fai que sexan un equipo temible á hora de pelexar pola vitoria.… Seguir lendo >>