Archivos de la categoría Cadete Masculino

Empate e derrota na dobre xornada para o Grupo Lemaco “A”

17ª e 18 ª Xornada da Liga Ouro Cadete masculino

Upi Informática Lalín 32 – Grupo Lemaco Xiria A 26 (14-11)

O sábado a mañá o Lalín e o Grupo Lemaco disputaban o seu encontro no Lalín Arena. Os innumerables erros de lanzamento do Xiria, fallando claras ocasións en momentos claves do partido, propiciaron que os carballeses non foxen capaces de poñer apuros aos rivais, véndose moita igualdade no terreo de xogo pero sempre dominando o Lalín.… Seguir lendo >>

Un gol no derradeiro segundo da a vitoria ao Luceros sobre o Grupo Lemaco A

16ª Xornada da Liga Ouro Cadete masculino
Grupo Lemaco Xiria A 19 – Balonmán Luceros 30 (17-18)

Na derradeira acción do encontro o Luceros conseguía a vitoria ante un Grupo Lemaco que perde ante un rival directo na clasificación.
Empezou o partido cun Luceros enchufado ante un Xiria que se viu sorprendido ao non atopar consistencia no seu xogo nos primeiros minutos, foise recompoñendo e igualou o encontro tras axustar en defensa e conseguir por onde facer dano ao rival.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco supera a Rodeiro e cae ante Carballal

Liga Ouro Cadete masculino

Disputaba esta fin de semana un dobre enfrontamento o Grupo Lemaco A, o seu partido da xornada 13ª fronte ao Rodeiro e o partido aprazado da 7ª xornada diante do Carballal vigués

Grupo Lemaco Xiria A 28 – Balonmán Rodeiro 25 (14-11)

No partido do sábado o Xiria foi de menos a máis nun encontro onde os erros no lanzamento a portería facían que os carballeses non se despegaran no marcador ante un equipo que imprimía moita lentitude e pausa nos seus ataques, o que por veces desesperaba a defensa que se des estabilizaba ante tanta pasividade.… Seguir lendo >>

Vitoria do Grupo Lemaco no Carballiño na Liga Ouro

Gasoleos Rivera Carballiño 30 – Grupo Lemaco Xiria A 51 – (15-26)

12ª Xornada da Liga Ouro Cadete masculino

Partido sen complicacións dos carballeses ante o rival máis frouxo da categoría e que conta os seus partidos por derrotas avultadas.
A relaxación neste tipo de partidos convértese no principal inimigo do equipo, moi difícil centrarse e moitos despistes defensivos pola falta de intensidade.… Seguir lendo >>