Archivos de la categoría Noticias do Clube

Poster Escolas de Verán Xiria 2022

Abertas as inscricións para as Escolas de Verán 2022

Xa podes realizar a túa inscrición para as Escolas de Verán Xiria 2022

Recordade que hai límite de prazas segundo estes criterios: Orde de inscrición e Ratio máxima por idade permitida.

 

A inscrición realizarase a través da plataforma Cluber:

Inscrición [Pago Tarxeta ?]
Inscrición [Pago Transferencia ?]

 

Servizo de madrugadores (de 8:00 a 10:00):

1 mes con almorzo: 45€

1 mes sen almorzo: 25€

 

Antes de realizar a inscrición:

  • Ten preparada unha foto da tarxeta sanitaria d@ nen@
  • Si elixes o «Pago Transferencia» ten preparado o xustificante de pago.
Seguir lendo >>

O LABER PASA A CUARTOS DE FINAL DA COPA SPONSOR

O Laber Xiria, logo de unificar os dous equipos que presentara este ano, ven de clasificarse para cuartos de final da Copa Sponsor despois de gañar os dous partidos contra o Bm Culleredo Optica Gallaecia. O grupo do Laber tan só dispoñía de dous equipos, logo da renuncia do terceiro equipo do grupo,  polo que o Culleredo e o Laber disputaron o grupo en ida e volta. 

LABER 47- BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA 22

LABER – BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA (IDA)

BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA 22- LABER 38

BM OPTICA GALLAECIA – LABER XIRIA (VUELTA)

Logo de unha boa imaxe en ambos partidos o Laber afronta os cuartos de final con gañas e co obxetivo de manter un nivel alto en ataque e defensa durante todo o partido.… Seguir lendo >>

Vitoria do Laber A contra o Cangas no que foi para eles o último partido da liga

O Laber A enfrontábase ao Buenas Migas Balonmano Cangas, no derradeiro partido da liga regular. Neste derradeiro partido o Laber debería gañar ao Cangas e esperar que ao mesmo tempo o Porriño perdera contra o Culleredo.

O Laber saiu ao partido sendo afectivo no ataque posicional e con un bo nivel de mobilidade na defensa para frear as situacións de 1 contra 1 que tanto dano lle fixeran no partido de ida.… Seguir lendo >>

Previa do 19-20 marzo

1ª Nacional  

Desprazamento ata Tenerife para o Calvo Xiria que xogará o sábado ás 19:00 contra o Bm Tejina La Laguna. Os locais xa están asentados na categoría; coa permanencia no peto queren seguir  afianzándose. O Calvo Xiria viaxa co propósito de lograr os dous puntos que lle permitan mirar cara aos equipos que agora mesmo marchan por diante.Seguir lendo >>

Unha vitoria e unha derrota, bagaxe de esta xornada para os equipos infantís do Punta del Este Xiria

As nenas de Liga Ouro recibían na casa o colista da categoría, o UB. Lavadores nun encontro que no descanso xa parecía finiquitado con diferencias por riba dos oito goles (12-4). No segundo tempo as de Carballo a pesar de baixar a intensidade defensiva, conseguiron manter a distancia no electrónico, o que lle otorga a novena vitoria consecutiva ás de Zarra, colocándose no cuarto posto, e agardando polo fin de semana máis exigente que as vai a enfrentar o sábado ante o líder en Redondela ante a SAR, e o domingo na casa contra o segundo clasificado, o Bm.… Seguir lendo >>