O UB Lavadores chegaba como invicto ó Vila de Noia e fixo valer a súa condición de favorito para doblegar a un Calvo Xiria que puxo en moitos atrancos as viguesas.
Comezaba o encontro da maneira desexada para as carballesas. Un parcial 3-0 era a carta de presentación do Xiria cunha intensa defensa 6:0 e paciencia no ataque posicional.… Seguir lendo >>
O Calvo Xiria recibe a visita do Reconquista de Vigo, un dos galos da categoría. O equipo vigués medrou exponencialmente nas últimas tempadas e variou os seus obxectivos mirando agora cara a cotas máis altas. Nestes momentos é terceiro; por un Calvo Xiria que marcha sexto; pero os dous puntos da vitoria poderían decantar a balanza cara un e outro equipo e variar a clasificación; xa que no partido de ida o resultado foi de empate a 25.… Seguir lendo >>
O Laber B disputaba o segundo partido da segunda rolda de liga contra o Cañiza. O Laber chegaba con sensacións positivas logo do empate ante o Seis do Nadal.
O comezo do partido estivo marcado polos ataques, ambos equipos conseguían anotar con moita facilidade e isto facía que o partido levase un ritmo de moitos goles ao final do partido.… Seguir lendo >>
O Laber Xiria chegaba ao partido correspondente a xornada 12 de Liga. O Laber chegaba ao partido moi mermado polas baixas, pero a pesares de ditas baixas os carballeses estaban a saber loitar e competir os últimos partido disputados. O partido ía ser igualado pois xogaban dous equipos de postos cercanos na clasificación e ía ser un partido longo.… Seguir lendo >>
O Calvo Xiria regresa ao Vila de Noia para xogar contra o Magope Seis Do Nadal o sábado ás 20:00. Á dificultade que require xogar sempre contra o equipo vigués, súmanselle múltiples ausencias por parte do Calvo Xiria. Álex Gómez, Aaron Rodríguez, Edu Cousillas son baixa por lesión; Carlos Varela é baixa por enfermidade, Carlos Martín Guisasola e o segundo adestrador Brais Puñal por Covid.… Seguir lendo >>
O Laber disputaba a xornada 11 da Liga Ouro contra o Abegondo, un rival que xa na ida lle puxera as cousa moi difíciles aos carballeses. O Laber viña de facer un gran partido pero necesitaba refrendar o bo traballo nos partidos coa vitoria e os dous puntos.… Seguir lendo >>
O Laber A volvía á competición despois de parón do Nadal para enfrontarse ao Cisne, actual líder da competición. O Laber viaxaba con baixas pero iso non era escusa para poder competir no Municipal de Pontevedra.… Seguir lendo >>
O Laber B viaxaba a Pontevedra co obxectivo de sumar experiencias competitivas sumando xogadores ao plantel para poder ter minutos de esixencia competitiva e de aprendizaxe. A maiores transaldar o traballo do adestramentos pouco a pouco ás esixencias do partido.… Seguir lendo >>
Regresa a competición e con ela, o Calvo Xiria recibe ao Automanía Luceros o sábado ás 20:00 no pavillón Vila de Noia de Carballo. É o primeiro partido do ano e o penúltimo da primeira volta; polo que serán dous puntos importantes para ambos conxuntos; que aspiran a mellorar a clasificación actual e ser ambiciosos en cada un dos seus obxectivos particulares.… Seguir lendo >>
O Laber Xiria xogábase neste partido o seguir nos postos nobres da táboa e reafirmar o seu bo estado de forma a pesares de que non todos os resultados lles resultasen favorables. Polo tanto este partido podía ser un punto de inflexión.… Seguir lendo >>