Archivos de la categoría Noticias do Clube

Previa do 11-12 de decembro

1ª Estatal 

Vibrante xornada a que se vivirá este sábado en Carballo ás 20:00. O Calvo  Xiria, recibe ao Disiclín Balonmán Lalín; líder da categoría. Probablemente é o  partido máis difícil do ano. Un Lalín, con máis experiencia e que vén de  competir nunha liga superior; ante un Calvo Xiria que medirá o seu crecemento nesta parte da tempada.Seguir lendo >>

Diferente sorte para os dous equipos de Punta del Este Xiria

O Punta del Este Xiria A da Liga Ouro infantil femenina caeu derrotado polo Bm. Carballal nos últimos minutos tras ir dominando no marcador gran parte do encontro. A pesar de un inicio algo dubitativo e con moitas imprecisions, as de Zarra foron entrando no partido a partir da defensa, o que lles concedeu transicions rápidas que fixieron moito dano o equipo vigues.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco métese nas semifinais da Copa Galicia

Cuartos de Final da Copa Galicia Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 35 Reconquista de Vigo 34 (15-11)

O Grupo Lemaco Xiria “A” acada o pase as semifinais da Copa Galicia logo de eliminar en cuartos ao Reconquista de Vigo.
Chegaba a tarde do domingo o Xiria coas forzas xustiñas, logo dun intenso fin de semana onde moitos dos seus xogadores disputaron 3 encontros, a gasolina era pouca pero valeu para conseguir o pase despois dunha prórroga e marcar na derradeira acción de lanzamento de 7 metros.… Seguir lendo >>