BM OLEIROS B 18 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 39

Bm Oleiros B (8+10) 18: José I, Santiago, David, Antonio (3), Jesús López (1), Iván (6), José M. (4), Jesús Peón, Diego, Alexandre (1), Fernando, Daniel (2), Abel (1). Adestrador: Francisco Javier Merino.

Ifecgás Pereira Xiria (20+19) 39: Guillín, Ángel (5), Ramón (2), Sergio (5), Barreiro (2), Rubén (1), Hugo (4), Eloi (1), Alfredo (1), Zas (8), Adrián, Aitor (5), Diego (5).… Seguir lendo >>

Presentación Tempada 2007-2008

O pasado sábado reuniuse toda a familia balonmánistica do Xiria para realizar a presentación oficial de todos os equipos do club.

Presentáronse un total de 15 equipos: dous equipos sénior masculinos Calvo Xiria de 1ª División Autonómica e Ifecgás Pereira Xiria de 2ª División Autonómica, Garaysa Xiria de categoría xuvenil masculina, Oak English Centre Xiria cadete masculino, Punta del Este Xiria cadete feminino, Ifecgás Pereira Xiria e Procasa Xiria infantís masculinos, Asesoría Sueiro Xiria infantil feminino e os sete equipos das Escolas de Balonmán Caixanova Xiria (tres equipos alevíns mixtos, tres equipos benxamíns mixtos e un prebenxamín).… Seguir lendo >>

Finais Campeonato de España de Seleccións

Non puido ser e nin David García e Miguel Suárez-Pumariega coa selección galega infantil nin Álex Zas coa cadete puideron proclamarse campións estatais tras caer as súas seleccións nas finais fronte a Andalucía e Cataluña respectivamente.

O combinado infantil caeu por un axustado 31 a 30 fronte á selección andaluza, coa que xa perderan na primeira fase do campionato, nun encontro que xa parecía decidido no intermedio cun marcador de 21 a 14 a prol dos andaluces.… Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña