Archivos de la categoría Senior Femenino

Estrea en liga e vitoria do Goldie Xiria

O Goldie Xiria comezaba hoxe Domingo ante o BM. Caselas o seu camiño na 1ª autonómica feminina. Facíao diante do seu público e con algunhas caras novas dentro do cadro de persoal que este ano dirixe Fernando Vázquez.

A estrea non puido ser mellor, sobre todo no que se refire aos primeiros trinta minutos, onde as de Carballo maniataron ao seu rival desde a defensa e apoiadas por unha explendida Nadia baixo paus.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria e a SAR Ledisson acaban en táboas

Disputábase en Carballo a xornada da Copa Federación de 1ª primeira autonómica feminina. Os afeccionados que se achegaron a animar ao Goldie vibraron co excelente partido visto no Fogar.

O Goldie que se impuxo na primeira metade 14 a 11 viu como as de Redondela subiron o listón defensivo na continuación e no minuto 15; non só conseguiron remontar senón que levaron a diferenza ata os 4 goles de vantaxe.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria gaña nun emocionante partido na Cañiza

 

O Goldie Xiria afrontaba o partido moi xustas de xogadoras, debido ás lesións. As continuas rotacións ataque-defensa serían necesarias para aguantar os 60 minutos a un ritmo alto, onde se senten cómodas. Así o entendeu o persoal á perfección que a base de traballo e sacrificio conseguiu facerse coa vitoria, a pesar de ir por baixo case todo o partido con mínimas diferenzas e continuos empates, non foi ata o minuto 55 onde conseguiu poñerse por diante xogando mellor que o seu rival os instantes finais.… Seguir lendo >>