Archivos de la categoría Xuvenil feminino

O Hierros Varela Urbieta Xiria sufriu a remontada do Mecalia Atlético Guardés

Partidazo o que se puido ver no Vila de Noia entre as xuvenís do Xiria e do Atlético Guardés, quenes fixeron vibrar ao público ata os últimos minutos, momento no que as visitantes decantarían a balanza para o seu lado.

Hierros Varela Urbieta Xiria 21 – 24 Mecalia Atlético Guardés

Hierros Varela Urbieta Xiria (13+8): Lucía Lema (p), Elena Collazo (p), Valeria Figueroa, María Patiño, Nerea Varela Vila, Nina Pereira, Natalia Cancela, Leticia Santos, Duna Barca, Nerea Varela Balsa, Lara Otero, Marta Gómez, Alba García, Nerea Pose e Lara Souto.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta Xiria deu inicio á Copa Galicia cun emocionante empate ante o Teucro

Emoción total a que se viviu no Vila de Noia durante o debut do Hierros Varela Urbieta Xiria, quen logrou un empate ante o Teucro nun encontro que puido caer para calquera dos dous lados nos últimos intres.

Hierros Varela Urbieta Xiria 26 – 26 SD Teucro

Hierros Varela Urbieta Xiria (12+14): Lucía Lema (p), Valeria Figueroa, María Patiño, Nerea Varela Vila, Nina Pereira, Natalia Cancela, Lara Souto, Nerea Varela Balsa, Leticia Santos, Lara Otero, Marta Gómez, Elena Collazo, Alba García e Nerea Pose.… Seguir lendo >>

Derrota do Hierros Varela Urbieta Xiria nos cuartos de final

O noso xuvenil feminino xogaba outra semana máis fóra da casa ante o UB Lavadores en busca dun posto na Final Four, pero xogadoras volveron a Carballo sen a vitoria e cunha sensación agridoce tralo encontro.
 
O Hierros Varela Urbieta Xiria comezaba o encontro moi centrado en defensa, aínda que con alguna imprecisión no ataque que non permitiu as nosas despegar en ningún momento no marcador.
Seguir lendo >>

Derrota do Hierros Varela Urbieta Xiria no derradeiro encontro da Liga de Ouro

O noso equipo xuvenil feminino desprazouse o pasado domingo ata o pavillón da Bombonera en Redondela para xogar ante o SAR Ledisson na loita pola segunda praza do grupo. Esperábase un partido intenso e con marcador axustado e iso foi o que aconteceu na primeira metade, pero trala volta do descanso o equipo local amosouse moi superior e as nosas non foron quen de achegarse o suficiente no marcador.… Seguir lendo >>

Derrota e boa imaxe do Hierros Varela Urbieta Xiria na volta á competición

O Hierros Varela Urbieta Xiria desprazouse ata Vigo para desputar o segundo encontro do grupo B da Liga de Ouro ante o BM. Carballal nun choque no que o equipo rival partía coma favorito, por antecedentes de temporadas anteriores e polo seu bo facer na fase inicial –onde contou os seus partidos por vitorias–; pero onde as nosas deron a cara ó longo do encontro acadando un gran resutado.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta debuta con vitoria na Liga de Ouro

As nosas xogadoras xuvenís comezaron con moi bo pé a segunda fase do campionato ante o Seis do Nadal no encontro desputado o sábado ás 12:15 no CEIP Fogar. Nunha fría mañá en Carballo, o Xiria dominou o encontro dende o comezo, apoiado nunha forte defensa 5:1 de inicio que propiciou numerosos roubos de balón que facilitaron accións de contraataque con boas finalizacións dende os 6 metros.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta sofre a primeria derrota da tempada

Os nosas rapazas desprazáronse o sábado á Coruña, tralo último punto conseguido a pasada semana, coas esperanzas de volver cos dous puntos a Carballo e manterse na cabeza da táboa no seu grupo, pero desta vez non foi así.

A pesar dun bo comezo das nosas con moi boas accións defensivas e un ritmo rápido no ataque que obrigou a pedir un tempo morto das locais, os últimos dez minutos da primeira metada tiveron cor claramente violeta e chegouse ó descanso coa máxima diferenza no marcador (15-9).… Seguir lendo >>