Archivos de la categoría Xuvenil Masculino

Empate entre o Laber Xiria e o Luceros nun partido bronco

Luceros 26 – Laber Xiria 26 (12-11)

Como soe ser habitual os partidos entre estes dous equipos destacan pola intensidade en cada acción, terceiro contra cuarto clasificado e equipos destinados a verse as caras no Playoff de final de tempada. O que tamén soe acontecer e que cada vez que o Laber visita O Gatañal, o arbitraxe se decante excesivamente para o equipo local, desta vez castigando en exceso ao equipo que menos repartiu nun partido brouco.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria sucumbe diante dun Cisne moi superior

Club Cisne Balonmán 45 – Laber Xiria 29 (23-16)

O equipo carballés visitaba a cancha do líder, ata agora invicto e cunha plantilla formada por xogadores de moita calidade. Si ben no partido da primeira volta o Laber fixo fronte aos pontevedreses, neste partido as presas e imprecisións, así como a pouca intensidade e concentración defensiva pasaron factura cun marcador final de 45 a 29.… Seguir lendo >>

Un Laber Xiria superior acada a vitoria diante do Teucro

S.D. Teucro 21 – Laber Xiria 40 (12-20)

Voltou a senda da vitoria o Laber Xiria logo do tropezo da semana pasada co empate diante do Lavadores. A recuperación de varios xogadores para este encontro e sobre todo a seriedade co que os compoñentes do equipo se tomaron o encontro, fixeron que o Teucro non tivera ningunha posibilidade diante duns carballeses que se amosaron superiores en todas as facetas.… Seguir lendo >>

Vitoria do Laber Xiria fronte ao Novás

Laber Xiria 38 Atlético Novás 24 (20-14)

Saíu moi centrado o Laber Xiria ao encontro e pronto acadou sensacións sobre a pista, primeiros minutos onde o 6:0 defensivo do Novás era incapaz de para o lanzamento exterior dos carballeses, pola súa banda a defensa con avanzado do Xiria poñía en dificultades o ataque rosaleiro e pronto apareceron as diferenzas no encontro, 9 a 3 aos 10 minutos.… Seguir lendo >>