As nosas xuvenís viaxaron o pasado sábado ata Cangas, no oitavo encontro da Liga de Ouro, para xogar contra un dos equipos máis en forma da categoría.
Dende o comezo, o Vitaldent Bm. Cangas atopouse máis cómodo no terreo de xogo, pero a brillante actuación de Lucía Lema en portería desbarataba os ataques cangueses.… Seguir lendo >>
A séptima xornada de liga para os nosas xuvenís saldouse con derrota diante do Sar Rodavigo nun partido frenético con emoción ata o final.
O primeiro tempo comezou con máxima igualdade e a dinámica estivo marcada polo dureza defensiva, excesiva por momentos, que semellaba escaseza de goles ó final.… Seguir lendo >>
Preto de duascentas persoas tiveron o privilexio de gozar do mellor partido do noso senior feminino ante o De Pueblo Carnicería Bm. Pabellón.
Respirábase ambiente de partido importante no Vila de Noia, cos dous equipos moi centrados nun encontro chave para acadar praza nos play-off.… Seguir lendo >>
As nosas xuvenís chegaban coa moral acta ó encontro tras a última vitoria ante o BM Carballal e situadas na parte alta da táboa, pero non foi sufiente para gañar ó Teucro.
O partido estivo marcado dende o comezo pola igualdade, con defensas bastantes pasivas e moita efectividade no ataque.… Seguir lendo >>
O Calvo Xiria foi claro dominador do encontro dende o comezo fronte a un BM Lalín que deu a cara ata o remate do encontro.
Co pitido inicial, a defensa aberta plantexada polas visitantes xerou certas dúbidas nas carballesas que pronto quedaron disipadas grazas ó liderazgo de Alba en ataque.… Seguir lendo >>
A longa viaxe do noso senior feminino para xogar ante o BM Caselas foi recompensada cunha vitoria contundente ante un rival directo na loita por estar na parte alta da táboa.
Dúas boas accións en ataque de Alba decantaron a balanza do lado do Xiria xa dende os primeiros compases do partido.… Seguir lendo >>
Á terceira foi a vencida. Tras os encontros de Copa e de Play-off, as nosas xuvenís conseguiron a súa primeira vitoria fronte ó Calfrima Carballal.
Quinta xornada de liga, o Xiria chegaba coas mesmas vitorias que derrotas e sen catro xogadoras para xogar ante un dos rivais máis fortes.… Seguir lendo >>
Na cuarta xornada de Liga de Ouro xuvenil feminina as nosas chegaban coa ilusión de facer un bo partido para non descolgarse da parte alta.
Así sucedeu. Nunha fría mañá no Vila de Noia, o bo traballo das últimas semanas reflexouse nun encontro moi coral onde todo equipo foi protagonista.… Seguir lendo >>
As nosas xuvenís viaxaron o pasado sábado a Porriño para xogar ante un dos rivais máis fortes da liga. O partido comezaba cunha defensa aberta por parte das porriñesas que precipitou o ataque das carballesas o poñía o BM. Porriño cinco goles por diante nos primeiros quince minutos.… Seguir lendo >>