Todas las entradas de Manu López Reija

Bo partido do Hierros Varela Urbieta ante o Bm. Culleredo

Trala derrota acadada a semana pasada en Vigo, as nosas xuvenís acadan os dous puntos nun partido dominado do comezo ó remate.

Tras uns comezos dubitativos, onde ambos equipos non eran capaces de asentarse no campo e as pérdidas eran constantes, as carballesas lograron unha serie de boas defesas apoiadas na boa actuación de Elena en portería que permitían manter rendas de tres e catro goles no marcador chegando ó descanso co resultado de 15-11.… Seguir lendo >>

O Goldie Xiria Carballo Turismo volve cun punto da visita ó BM. Pabellón

As de Carballo logran o empate grazas a unha moi boa primeira parte a unha encomiable labor defensiva ante un rival ó que non foran capaces de vencer en ningún dos dous choques previos da primeira fase.

Con case media hora de retraso, o encontro comezaba cun Xiria moi motivado que conseguiu enlazar varios contraataques consecutivos e conseguía catro goles de vantaxe provocando a reacción en forma de tempo morto do equipo local cando apenas se disputaran 8 minutos.… Seguir lendo >>

Derrota do Hierros Varela Urbieta Xiria nos cuartos de final

O noso xuvenil feminino xogaba outra semana máis fóra da casa ante o UB Lavadores en busca dun posto na Final Four, pero xogadoras volveron a Carballo sen a vitoria e cunha sensación agridoce tralo encontro.
 
O Hierros Varela Urbieta Xiria comezaba o encontro moi centrado en defensa, aínda que con alguna imprecisión no ataque que non permitiu as nosas despegar en ningún momento no marcador.
Seguir lendo >>

Derrota do Hierros Varela Urbieta Xiria no derradeiro encontro da Liga de Ouro

O noso equipo xuvenil feminino desprazouse o pasado domingo ata o pavillón da Bombonera en Redondela para xogar ante o SAR Ledisson na loita pola segunda praza do grupo. Esperábase un partido intenso e con marcador axustado e iso foi o que aconteceu na primeira metade, pero trala volta do descanso o equipo local amosouse moi superior e as nosas non foron quen de achegarse o suficiente no marcador.… Seguir lendo >>