Archivos de la categoría Cadete Masculino

O Grupo Lemaco remonta diante do Bm Lalín

Grupo Lemaco Xiria 37 – Carpintería Jar Lalín 32 (15-16)

Non ofreceu a súa mellor cara o equipo cadete, pero co transcorrer dos minutos foille tomando o ritmo ao partido para conseguir unha vitoria.
As demasiadas facilidades defensivas dadas polo Xiria no encontro, fixeron que os locais tiveran que imprimir máis ritmo e estar acertados de cara a gol para impoñerse a un Lalín que realizou uns intensos 50 minutos de partido.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco roza a vitoria contra a Sar

Sar Redondela 27 – Grupo Lemaco Xiria 26 (14-12)

Estivo no encontro durante os 60 minutos, e so un criterio arbitral moi rigoroso cos visitantes e moi permisible cos locais, privou aos carballeses de facerse cos dous puntos en xogo.
Tomou vantaxe no marcador a Sar, moito máis atinada de cara a gol, o Xiria co 6:0 víase impotente para parar aos redondeláns nos primeiros minutos, pero non deixaron de loitar e mantivéronse sempre no encontro a base de garra e de axustes defensivos, con dous goles de distancia, 14 a 12, fóronse ambos equipos ao descanso.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco atopa o camiño a pesar da derrota

O Grupo Lemaco Xiria recibía ao Luceros, máximo favorito ao título. Os do Xiria, realizaron un bo encontro, levando o timing durante gran parte. Ao final o Luceros fíxose cunha vitoria moi traballada.

Igualdade máxima no tramo inicial do encontro, incluso os do Xiria conseguían ir dous goles por diante ata que mediada a primeira metade dúas exclusións, poñerían de novo as táboas ao marcador.… Seguir lendo >>