O Calvo Xiria retoma a senda da vitoria

Vitoria do Calvo Xiria na súa visita á Cañiza nunha tarde xélida que provocou unha escasa presenza de seareiros no pavillón pontevedrés. O partido estivo marcado polo ritmo que impuxo o conxunto carballés, con rápidos contraataques que puxeron terra de por medio entre os dous equipos dende o inicio, so algún despite na defensa carballesa impedía que xa no ecuador do primeiro tempo o partido estivese roto.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria,conquista a segunda praza da clasificación

O Laber Xiria conseguíu a quinta vitoria consecutiva nun disputado encontro e favorecido pola derrota do BM.Lalín en Pontevedra ante o Teucro, conquista a segunda praza da clasificación en solitario.

A SAR de Redondela amosouse como un duro rival para os de Carballo na xornada de hoxe e aínda que o conxunto verdibranco dominou o electrónico a maior parte do tempo, tivo que traballar o partido ata os instantes finais dadas as curtas diferenzas do mesmo.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco, volve á senda da vitoria

Despois de dúas derrotas consecutivas contra dous dos equipos que ocupan os postos máis altos da clasificación, o Grupo Lemaco Xiria voltou á senda da vitoria e fíxoo no mellor momento e contra o rival máis idoneo, xa que o conxunto da SAR de Redondela, situábase un punto por encima dos carballeses e empatados a punto con estes antes do comezo da décima xornada.… Seguir lendo >>

Andrés Urbieta do Garaysa Xiria infantil operouse con éxito da grave lesión na tibia

O Domingo pasado no encontro contra o Seis do Nadal o central do Garaysa, Andrés Urbieta, sufriu unha forte lesión na perna dereita tras caerlle un rival enriba nunha acción fortuíta. Tras unha primeira exploración todos temíamos o peor.

Rapidamente foi trasladado en ambulancia ao Hospital San Rafael, na Coruña, onde pronto nos confirmaron que rompera a tibia da perna dereita e polo tanto antollábase necesaria a intervención cirúrxica.Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña