Previa da xornada

CALVO XIRIA. 1ª DIVISIÓN MASCULINA GRUPO A

O noso equipo sénior masculino viaxa á Comarca do Deza para enfrontarse ao equipo local,un  clásico do grupo galego de Primeira Nacional, o Disiclín Balonmán Lalín, na 25ª xornada da competición.

Catro puntos e catro postos na clasificación separan a ambos equipos.Seguir lendo >>

O Montaxes Carballo garantízase unha praza na Final Four

O Montaxes Carballo viaxaba a Pontevedra a pasada semana na procura dos dous puntos que certificaran a súa presenza na Final Four. O contexto non era sinxelo e os carballeses ían a ter que traballar duro para acadar a vitoria.

SD TEUCRO UIE 27- MONTAXES CARBALLO 30

O partido comezaba con moita seriedade por parte de ambos equipos, un Montaxes con criterio en ataque que traballaba para elaborar cada xogada (salvo accións puntuais) e un Teucro aproveitando as súas armas e acertado de cara a portería.… Seguir lendo >>

O Tubasys suma ante un combativo Arousa

Ben se deu a mañá do domingo para as nenas do Tubasys Xiria que solventaron a penúltima xornada da Liga Prata cunha victoria no Vila de Noia de forma autoritaria.

Soamente nos primeiros intres do encontro as carballesas mostraron un pouco de desorden en defensa o que lle deu ás pontevedresas para manterse no electrónico, pero cando subiron as prestacións das do Xiria, comezaron a chegar as primeiras vantaxes.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria cae na sua visita a Santa Comba(25-24)

As carballesas tiveron desprazamento curto ata Santa Comba onde se agardaba un encontro moi disputado, como cada vez que se xoga un derbi. Moi entonadas comenzaron o encontro as do Xiria, que puxeron distancia no marcador nos primeiros minutos(1-5). A pesar diso as xalleiras lograron ir recortando distancias ata empatar o encontro a sete tantos despois dunha serie de erros que foron marcando os seguintes minutos.… Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña